Campamento Concilia verán 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro abre o prazo para a preinscrición no campamento de conciliación para o verán 2024.

Bases e máis información sobre o campamento, dispoñibles aqui.

 

Lugar de realización, calendario e horario

As actividades desenvolveranse no CEIP Santa Baia de Boiro, CEIP Abanqueiro, Centro Social de Cabo de Cruz e CEIP Cespón (a escoller un). 

Os programas desenvolveranse entre o 1 de xullo e o 30 de agosto, agás sábados, domingos e festivos. 

O horario será de 8.00 a 14.00 horas; de 9.00 a 14.00 horas; ou de 10.00 a 14.00 horas (a escoller un). 

 

Prezos

150 euros/mes para horario de 8.00 a 14.00 horas 

130 euros/mes para horario de 9.00 a 14.00 horas 

110 euros/mes para horario de 10.00 a 14.00 horas 

 

Inscrición e pago das taxas

O prazo de inscrición estará aberto entre o 9 e o 23 de maio. 

As inscricións deberán facerse mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica. Formularios dispoñibles para a súa descarga nesta páxina. 

O pago das taxas de inscrición deberá efectuarse a partir da publicación do listado definitivo, entre o 4 eo 10 de xuño. 

 

 

PROGRAMACIÓN CULTURAL MAIO | Concello de Boiro

Programación cultural do mes de Maio 2024

Maio Vintage Market. Sábado 11 de maio dende as 11:00 horas na rúa peonil de Boiro.

Romaría das Letras Galegas. Venres 17 de maio dende as 11:00 horas no Pazo de Goiáns.

Coa palabra na boca. Sábado 25 de maio no local Leñaverde ás 19:30 horas.

 

Exposición FalaRedes | "Orgullo da nosa lingua: o galego é un tesouro para compartir"

O Concello de Boiro inaugura unha exposición sobre a riqueza do galego no marco do programa FalaRedes da Xunta de Galicia. "Orgullo da nosa lingua: o galego é un tesouro para compartir" é o título da exposición que estará situada no mes de maio na rúa peonil de Boiro.

A iniciativa desenvólvese nos concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüistica e en Boiro estará dende o 6 ata o 12 de maio. A mostra está composta por nove paneis que recollen as diversas peculiaridades do galego co fin de poñer en valor a súa riqueza e convidar á cidadanía a falalo.

VISITAS GUIADAS:

Martes. De 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

Mércores. De 10:00 a 14:00 horas.

Xoves. De 16:00 a 20:00 horas.

Venres. De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Sábado. De 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.

 

Para as visitas guiadas é necesaria inscrición previa na Casa da Cultura de Boiro ou no teléfono 981 84 84 25.

 

Musicoterapia para persoas maiores de 60 anos | Concello de Boiro

O Concello de Boiro crea un obradoiro de Musicoterapia destinado principalmente a persoas maiores de 60 anos as 2º e 4º semanas de cada mes impartido por Esperanza Mara, soprano.

 

PROGRAMACIÓN:

Boiro. 

Grupo A. Martes ás 18:30 horas no Centro Social de Boiro no local Leñaverde.

Grupo B. Mércores ás 16:00 horas no Centro Social de Boiro no local Leñaverde.

Escarabote. Mércores ás 17:30 horas no Centro Social de Escarabote, 1º andar, aula 1.

Cabo de Cruz. Mércores ás 19:00 horas no Centro Social de Cabo de Cruz, planta baixa.

 

INCRICIÓNS.

Concello de Boiro, Política Social 2º andar. Custe anual da actividade (2024) 6,87 euros

 

Para máis información. 

Dep. Política Social, Concello de Boiro

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

981 84 48 00 Extensión 1285

 

 

 

Maio Vintage Market - 11 de maio | Concello de Boiro

Data: Sábado 11 de Maio 

Lugar: Rúa peonil de Boiro

Hora: Dende as 11 horas

Chega a onceava edición do Maio Vintage, cun total de 76 postos entre os que se atopan artesáns e tamén entidades como Turbina, Unión de Muchachas, Agadea, Cruz Vermella, Asociación contra o Cancro e Boas Novas, entre outras. Nesta edición tamen participan o comercio e a hostalaría local como Atlántica, A Pousada da Galicia Imaxinaria, Tres catorce, Furancho e Adria. Tamén vai a participar o alumnado de artes do IES Praia Barraña no que van a realizar o seu proxecto final do curso no Maio Vintage Market.

Tamén haberá actuacións de DJs, grupos locais e tamén espectáculos infantís.

A temática desta onceava edición será dos anos 80 e dende a organización animan a todo o mundo a caracterizars con algo propio da época.

PROGRAMACIÓN:


11.30h - 13:30 DJ Bender

12.00h - 1:00 obradoiros infantís

12.00h - 13:00 DJ Gafapasta

13.00h - 14:00 Sanny Caster

14.00h - 15:00 DJ Gafapasta

17.00h - 19:00 Baño Theku Dj,s

17.00h - 18:00 Breakdance

18.00h - 19:00 Mago Moel

19.00h - 20:00 Hydn

20.00h - 22:00 Rasca e Pincha

 

|